Galicia Informativos

De : Radio Nacional
  • Résumé

  • La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.
    Afficher plus Afficher moins
Les membres Amazon Prime bénéficient automatiquement de 2 livres audio offerts chez Audible.

Vous êtes membre Amazon Prime ?

Bénéficiez automatiquement de 2 livres audio offerts.
Bonne écoute !
    activate_samplebutton_t1
    Épisodes
    • Informativo Galicia 19:50 - 25/09/24
      Sep 25 2024

      É mércores 25 de setembro, xornada marcada en Galicia pola chegada de Aitor, o primeiro temporal deste outono e que se está deixando notar especialmente nas provincias de pontevedra e a Coruña con fortes ventos, intensas chuvias e problemas na circulación.

      Polo demáis, no parlamento Alfonso Rueda debía respostar esta mañá ós portavoces da oposición despois de entrevistarse o pasado venres con Pedro Sánchez e o financiamento volveu acaparar o debate. A sesión de control deixa o anuncio de que a Xunta quere axilizar o traspaso dos medios para a xestión do litoral e vai pedir a convocatoria inmediata da comisión mixta de transferencias


      Escuchar audio
      Afficher plus Afficher moins
      10 min
    • Crónica de Galicia - 25/09/24
      Sep 25 2024

      O debate sobre o financiamento autonómico, a conta da reunión do pasado venres de Alfonso Rueda e Pedro Sánchez, regresou hoxe ó parlamento na sesión de control. Nacionalistas e socialistas pedíanlle a Rueda explicacións de por qué non quixo negociar co presidente un financiamento singular pra Galicia ou a quita na débeda. E Rueda insistiu en que aceptala sería prexudicial pros galegos, e que Sánchez nin sequera plantexou unha proposta neste senso. No medio do debate, acusacións duns e outros de facer seguidismo dos seus partidos a nivel nacional ou dos nacionalistas cataláns.

      Todo nun parlamento que dende hoxe é máis accesible a tódolos cidadáns...

      -- Tralo informe do consello de europa a Real Academia galega e a Mesa pola normalización pídenlle ó goberno galego que cumpra a legalidade

      Lembran que as directrices do Consello de Europa non son de implementación voluntaria. O ministro de cultura insistiu en Santiago no seu compromiso de defende-la pluralidade linguística

      -- Malestar da plataforma en defensa da pesca ante o real decreto que regulará a implantación da eólica mariña

      Critican a exclusión do Instituto Oceanográfico das comisións de valoración dos proxectos, e a baixa puntuación dos criterios ambientais nas concesións

      -- O sindicato Labrego galego alerta de que as axudas pola enfermidade hemorráxica epizoótica non cheguen a moitas granxas afectadas

      As que acudiron a veterinarios privados non terían acreditados os casos ante a administración. Tampouco ven suficiente a cobertura de gastos veterinaraios.

      -- A Asociación agraria de Galicia pide que se revise o nivel de protección do lobo

      Vótase en Bruselas incluir unha rebaixa pro debate que terá lugar en decembro. Piden plans de xestión contra o que consideran un aumento descontrolado destes animais

      -- No tempo, atentos á chegada da primeira borrasca relevante do outono. Aitor deixará nas vindeiras horas abundantes chuvias, vento e temporal de Mar, con avisos amarelo e laranxa


      Escuchar audio
      Afficher plus Afficher moins
      30 min
    • INFORMATIVO_LUGO_8.45_25_09_24
      15 min

    Ce que les auditeurs disent de Galicia Informativos

    Moyenne des évaluations utilisateurs. Seuls les utilisateurs ayant écouté le titre peuvent laisser une évaluation.

    Commentaires - Veuillez sélectionner les onglets ci-dessous pour changer la provenance des commentaires.

    Il n'y a pas encore de critique disponible pour ce titre.