• Crónica de Galicia - 25/09/24

  • Sep 25 2024
  • Durée : 30 min
  • Podcast

  • Résumé

  • O debate sobre o financiamento autonómico, a conta da reunión do pasado venres de Alfonso Rueda e Pedro Sánchez, regresou hoxe ó parlamento na sesión de control. Nacionalistas e socialistas pedíanlle a Rueda explicacións de por qué non quixo negociar co presidente un financiamento singular pra Galicia ou a quita na débeda. E Rueda insistiu en que aceptala sería prexudicial pros galegos, e que Sánchez nin sequera plantexou unha proposta neste senso. No medio do debate, acusacións duns e outros de facer seguidismo dos seus partidos a nivel nacional ou dos nacionalistas cataláns.

    Todo nun parlamento que dende hoxe é máis accesible a tódolos cidadáns...

    -- Tralo informe do consello de europa a Real Academia galega e a Mesa pola normalización pídenlle ó goberno galego que cumpra a legalidade

    Lembran que as directrices do Consello de Europa non son de implementación voluntaria. O ministro de cultura insistiu en Santiago no seu compromiso de defende-la pluralidade linguística

    -- Malestar da plataforma en defensa da pesca ante o real decreto que regulará a implantación da eólica mariña

    Critican a exclusión do Instituto Oceanográfico das comisións de valoración dos proxectos, e a baixa puntuación dos criterios ambientais nas concesións

    -- O sindicato Labrego galego alerta de que as axudas pola enfermidade hemorráxica epizoótica non cheguen a moitas granxas afectadas

    As que acudiron a veterinarios privados non terían acreditados os casos ante a administración. Tampouco ven suficiente a cobertura de gastos veterinaraios.

    -- A Asociación agraria de Galicia pide que se revise o nivel de protección do lobo

    Vótase en Bruselas incluir unha rebaixa pro debate que terá lugar en decembro. Piden plans de xestión contra o que consideran un aumento descontrolado destes animais

    -- No tempo, atentos á chegada da primeira borrasca relevante do outono. Aitor deixará nas vindeiras horas abundantes chuvias, vento e temporal de Mar, con avisos amarelo e laranxa


    Escuchar audio
    Afficher plus Afficher moins
Les membres Amazon Prime bénéficient automatiquement de 2 livres audio offerts chez Audible.

Vous êtes membre Amazon Prime ?

Bénéficiez automatiquement de 2 livres audio offerts.
Bonne écoute !
    activate_samplebutton_t1

    Ce que les auditeurs disent de Crónica de Galicia - 25/09/24

    Moyenne des évaluations utilisateurs. Seuls les utilisateurs ayant écouté le titre peuvent laisser une évaluation.

    Commentaires - Veuillez sélectionner les onglets ci-dessous pour changer la provenance des commentaires.

    Il n'y a pas encore de critique disponible pour ce titre.